Proxectos de Investigación

  • Desenvolvemento de productos envasados a baleiro a partir de pataca de Galicia

Placa Proxecto

Memoria Final Científico - Técnica

Poster Resumo


 

  • Desenvolvemento de produtos esterilizados e pratos preparados (V gama) a partir de pataca de Galicia

Placa Proxecto

O obxectivo global deste proxecto é desenvolver unha gama de produtos que permitan usar a pataca con IXP Pataca de Galicia (PdG) como un ingrediente importante de produtos listos para o consumo (PLC), xa sexa soa, ou en combinación con outros produtos galegos de calidade. Para alcanzar este obxectivo global exponse unha serie de obxectivos concretos a desenvolver segundo o plan resumido no cronograma adxunto. O longo de 2011 continuáronse as tarefas do estudo de mercado definindo os produtos de maior interese para cada segmento. O estudo estase realizando mediante entrevista dobre e inclúe tanto a consumidores finais (individuais e colectivos) como a grandes superficies e cadeas de supermercados. Aínda que os traballos de campo remataron a finais de 2011 a análise dos datos continua na actualidade. Nel identificáronse os produtos de maior interese, clasificados segundo os tipos de risco A, B e C establecidos pola normativa española (RD 3848, 2000). Debido a recortes orzamentarios as entrevistas persoais complementáronse con entrevistas telefónicas, o uso de medios informáticos e telemáticos, o envío de cuestionarios por correo ordinario e o envío de mostras por servizos de mensaxería ordinaria.

O Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia foi o responsable da recollida de datos de pequenos consumidores e consumidores colectivos, á que destinou o seu persoal propio. O persoal Consello Regulador da IXP encárgase ademais da coordinación xeral do proxecto. Aínda que nesta anualidade non se imputan ao proxecto custos de persoal propio, si supuxo parte dos custos de servizos de contabilidade, seguros e de mantemento e uso dos vehículos propios do Consello.

Droguería Agrícola encargouse do estudo de mercado en grandes superficies e cadeas de supermercados, ao que destinou tres membros do seu propio persoal. Encargouse ademais da compra, tratamento, provisión e almacenamento de material vexetal para os traballos de optimización do proceso e aseguramiento de calidade levadas a cabo ó longo de 2011.

Tras pór a punto os equipos da planta piloto situada na Nave de Industrias Agrarias da Escola Politécnica Superior de Lugo o equipo da USC levou a cabo a optimización do proceso de fabricación dun produto de tipo B, en concreto da pataca pasteurizada, que amosou interese potencial no estudo de mercado, e cuxa aptitude sensorial estase estudando na actualidade. Neste ano 2012 estanse a desenvolver dous produtos de pataca de tipo C (esterilizada en tarro e crema de pataca con grelo). O produto de tipo A (sin tratamento térmico de tódolos ingredientes) está aínda por determinar. A calidade dos produtos elaborados estase a avaliar empregando propiedades físicas, químicas, reolóxicas, sensoriais e microbiolóxicas. O obxecto é establecer as datas de caducidade e consumo preferente en función das condicións de proceso, almacenamento e preparación previos ao consumo, asegurando a seguridade do produto.

O Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia encargase de realizar as análises físico-químicas dos produtos elaborados, para o que conta co seu laboratorio de análise. Durante o outono de 2010 realizárase a adecuación e posta a punto do laboratorio do Consello Regulador no que se realizan as análises. No ano 2011, ademais das tarefas de mantemento e limpeza das instalacións, foi necesario incluír no sistema de calidade do Consello as análises realizadas destinadas ó proxecto, por utilizar espazos e equipos comúns, coa realización das auditorías pertinentes.

Neste apartado de difusión dos resultados inclúese tamén a presentación do traballo "Proyecto Junta de Galicia-FEADER para el desarrollo de productos con Indicación Geográfica Protegida Patata de Galicia" no congreso internacional "VI Congreso Ibérico de AgroIngenieria" que tivo lugar en Evora (Portugal) entre o 5 e o 7 de setembro de 2011. Devandito traballo foi elaborado por Enrique Arbones, Manuel Gómez, Inés Piñeiro, Julio Gómez, Ricardo Losada, Florentino Díaz, Luís Saa e José Chao, todos eles colaboradores no presente proxecto

Os mesmos autores presentaron ao congreso internacional "International Conference of Agricultural Engineering" a celebrar en Valencia entre o 8 e o 12 de xullo de 2012 o traballo titulado "Project for development of Galician Potato products bearing Protected Geographical Indication as an example of an action for rural development", no que se recollen os traballos ata agora realizados na presente acción de cooperación.

Galego