ABERTO O PRAZO PARA REALIZAR A DECLARACIÓN DE SEMENTE DE PATACA DE GALICIA
A partir do día 2 de maio e ata o 29 de xullo ábrese o prazo para realizar a DECLARACIÓN DE SEMENTE DE PATACA, (VARIEDADE KENNEBEC) dita declaración é obrigatoria para os produtores inscritos nos rexistros do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, para poder amparar as patacas baixo este Indicativo de calidade e debese facer anualmente, para o cal deben de dirixirse a sede do Consello Regulador.
CONSELLO REGULADOR DA I.X.P. PATACA DE GALICIA.
FINCA DEVESA S/N. 32630 XINZO DE LIMIA-OURENSE
www.patacadegalicia.es ----- patacadegalicia@patacadegalicia.es
Horario de 9:00 a 14:00 H
acompañando a esta declaración deben aportar:
- Fotocopia da factura de compra da semente certificada.
- Etiquetas da semente, si é certificada.
- Libro de tratamentos fitosanitarios.
- Número de polígono e número de parcela onde se sementa.
- Análises de solo, si ó posúe.
Para calquera dubida pode vostede chamar o TELEFONO: 988462650
NOTA: Aqueles produtores que non estean inscritos nos rexistros do consello regulador, poden aproveitar a ocasión e realizar dita inscrición nas datas e lugares antes indicados.