II Cata de Castes de Pataca Autóctonas de Galicia

II Cata de Castes de Pataca Autóctonas de Galicia dirixida por Servando Álvarez e promovida pola IXP Pataca de Galicia.

No Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro de Xinzo da Limia, celebrouse a segunda cata de pataca organizada polo Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia.

A cata foi impartida por D. Servando Alvarez Pousa, e nela participaron expertos catadores de patacas, así como técnicos de empresas do sector e máis da administración, catáronse cinco variedades de patacas.

Estes resultados,  xunto ós de outras catas como a celebrada o 16 de decembro de 2014, na Escola de Hostalería Lama de Abade en Santiago de Compostela, serven ademais na elaboración de estudos para a posible inclusión de novas castes amparadas pola IXP Pataca de Galicia.

https://www.facebook.com/patacadegalicia/

 

Undefined