Historia

 

Histórico 

En canto a Galicia se refire a primeira mención é de data temprana: antes do 1607 foron sembradas na horta do mosterio de recoletos de Herbón, pois nas memorias do Arzobispado de Santiago, do cardeal Jerónimo de Hoyo, dicese, que na mencionada horta "fixo plantar patacas el Sr. Arzobispo don Francisco Blanco (1574-1581); deronse moitas pero moi bastardas", é ben significativo, a este respecto, que a pataca se coñeza en Galicia na segunda mitade do s. XVI, pero que sólo tome realmente importancia social un século e medio máis tarde.

As primeiras novas ó respecto do cultivo da pataca en Galicia proceden de pleitos entre pagadores (campesiños) e perceptores do diezmo: o labrego debía pagar hata 1837. A cronoloxía documentada sobre expansión do cultivo iniciase básicamente en xurisdiccións da provincia de Lugo: Viveiro (1736), Paradela (1756), Vilalba (1760),.., principiando a xeneralizarse a partir do ano 1770.

Galego