Condicións de Inscripción
Obtención do producto
Unicamente poderán dedicarse á obtención de Patacas amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) "Pataca de Galicia" ou "Pataca de Galicia", as patacas de consumo da variedade KENNEBEC, procedentes de semente certificada, ou reempleo controlado procedente da propia explotación, cultivadas e obtidas nas parcelas aptas (sas, sen ningún tipo de enfermidades) e situadas dentro das subzonas de produción definidas e inscritas nos rexistros do Consello Regulador.
A produción realizarase seguindo en todo momento as prácticas tradicionais, non cultivando dous anos na mesma parcela, non utilizando semente sen certificar ou procedente de fóra da explotación, respectando un marco de plantación de 75 x 32-35 cm., así como o uso de abonos orgánicos e mantendo unha relación C/N adecuada. Será obrigatorio o realizar o labor de aporcado e non regar o cultivo nos trinta días anteriores á colleita.
As producións máximas admitidas para comercializar baixo o amparo de consello regulador serán de 22.000 kg/ha en secaño e 35.000 kg/ha en regadío.
O transporte de tubérculos susceptibles de ser amparados pola I.G.P. realizarase por separado, en vehículos acondicionados ao efecto e disporase de locais para almacenado debidamente acondicionados e autorizados polo consello regulador.
A produción amparada pola I.G.P. cumprirá no produto final unha calidade mínima: aspecto varietal característico, patacas enteiras e exentas de ablacións ou golpes, sas, limpas e coa pel ben formada, firmes e sen germinar, exentas de defectos externos, manchas, feridas, deformacións ou coloraciones, humidade adecuada e sen sabores ou cheiros estraños.
O envasado realizarase en lotes homogéneos de calibre e procedencia, en envases autorizados previamente polo consello e cun contido neto de 15, 10, 5, 4, 3, 2 e 1 kg, permitíndose, de xeito excepcional, o envase de 25 kg con destino a restauración e hostalería.
Controis e certificación
Únicamente podrán adicarse á obtención de Patacas amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida (I.X.P.) "Pataca de Galicia" ou "Patata de Galicia", as patacas de consumo da variedade KENNEBEC, obtidas nas parcelas aptas (sans, sen ningún tipo de enfermidades) e ubicadas dentro das subzonas de producción definidas, e inscritas nos rexistros del Consello Regulador.
De igual modo, so os almacens e prantas envasadoras ubicadas dentro das subzonas e inscritas nos respectivos rexistros do Consello Regulador, podrán adicarse ó envasado do producto amparado pola I.X.P. "Pataca de Galicia" ou "Patata de Galicia".
O feito de que o almacenamento e o envasado efectúense dentro das subzonas indicadas responde á necesidade de preservar as características peculiares da producción e a que tradicionalmente as instalaciones sitúanse nas comarcas de producción de maior calidade, o que permite un mellor e máis eficaz funcionamento da estructura de control. Pretendese con isto ademáis, o minimizar as posibles pérdidas na calidade final do producto por efectos do transporte (aumento do número de golpes, temperaturas non adecuadas, etc.) e dunhas condicións de almacenamento non aconsellables.
Todo o anteriormente esposto será supervisado dende o Consello Regulador, que contará cos seguintes rexistros de control:
- Rexistro de plantacións. (DESCARGAR SOLICITUDE)
- Rexistro de almacens e prantas envasadoras. (DESCARGAR SOLICITUDE)
Asimismo, o sistema de control e certificación basase en dous mecanismos fundamentais, diferenciados para cada fase do proceso, e que consisten en:
- Un programa de localización, inspección e control das parcelas sembradas para a producción, a partir da declaración de sembra anual, co obxeto de poder asegurar en todo momento a procedencia das producións amparadas. É levado a cabo por persoal do Consello Regulador.
- Un programa de control e mellora da calidade, que abarca o proceso de almacenaxe, manipulación, envasado e etiquetado do producto amparado. É levado a cabo por persoal do Consello Regulador, podendo ser contratada unha empresa externa.