Mensaxe de erro

  • Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? en include_once() (liña 1374 de /home/patacadegalicia/www/web/includes/bootstrap.inc).
  • Deprecated function: implode(): Passing glue string after array is deprecated. Swap the parameters en drupal_get_feeds() (liña 394 de /home/patacadegalicia/www/web/includes/common.inc).
  • Deprecated function: The each() function is deprecated. This message will be suppressed on further calls en menu_set_active_trail() (liña 2405 de /home/patacadegalicia/www/web/includes/menu.inc).

Características do Produto

 

O producto amparado pola Indicación Xeográfica Protegida (I.X.P.) "Pataca de Galicia" o "Patata de Galicia" definese como os tubérculos da especie Solanum tuberosum L., da variedade cultivada "KENNEBEC", destinados ó consumo human.

As patacas susceptibles de ser amparadas deberán ter un calibre adecuado.

As características particulares das patacas de consumo variedade Kennebec amparadas pola Indicación Xeográfica Protexida "Pataca de Galicia" serán as seguintes:

  • Forma dos tubérculos: redonda a oval.
  • Presencia de ollos moi superficiais.
  • Pel de apariencia lisa e fina.
  • Cor da pel: amarelo claro.
  • Cor da carne: branco.
  • Textura: firme ó tacto e cremosa ó ser cocida, consistente na boca.
  • Calidade para consumo: excelente, destacando polo seu contido en materia seca e por manter as suas cualidades de cor, aroma e sabor despois de ser cociñadas.

No apartado referente as suas características analíticas, estas deben cumprir:

  • Contido en materia seca superior ó 18%
  • Contido en azúcres reductores inferior ó 0,4%

Debido ás condicións climatolóxicas, ás caracte­rísticas dos chans e ás esmeradas labores culturais, que se dan nas zonas produtoras de pataca da nosa Comunidade Autónoma, o produto obtido ten unha calidade culinaria excepcional. Este feito ben coñecido polos almacenistas e consumidores, fai que a pataca galega sexa moi valorada e teña un prezo nos mercados superior á procedente de fóra de Galicia.

Respecto das condicións climatolóxicas, é de desta­car que a abundante pluviometría das zonas produtoras 1.000 a 1500 mm./ano e as temperaturas suaves, fan que os cultivos de pataca, teñan un óptimo desenvolvemento vexetativo, sen necesitar a aplicación de regas, así se consegue un crecemento continuo dos tubérculos. A existencia dun período seco nos meses de agosto e setembro, con défi­cit hídrico no chan, fai que os tubérculos producidos perdan auga, antes de ser cultivados, e maduren perfecta­mente, formándose unha pel uniforme e resistente, o que unido á redución do contido de auga no tubérculo, axuda á conservación do mesmo e aumenta a súa calidade culinaria.

Así mesmo nas zonas produtoras, predominan os sue­os francos e franco?arenosos, con pHs comprendidos entre 5 e 6,5, sendo estes óptimos para este cultivo. Esta textura permite que a pel do tubérculo sexa fina e uniforme e que os tubérculos salgan limpos de terra (non sendo necesario o seu lavado). O pH debilmente ácido impide a presenza da enfermidade denominada sarna ou roña (os tubérculos afectados pola citada enfermidade, presentan a pel áspera con pústulas, non sendo aptos para a venda, polo seu desagradable aspecto).

Galego