Benvida do Presidente

En nome do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida PATACA DE GALICIA, dámosche a benvida á nosa páxina web, que cumpre coa función de manter informados aos consumidores e profesionais do sector, para así ofrecer un acceso máis rápido, directo e cómodo a todo o relacionado con este produto de calidade certificada.

Na nosa páxina podes informarte sobre a lexislación que nos ampara, o noso regulamento, as nosas acreditacións, metodoloxía de traballo e funcionamento, historia, evolución e características da pataca amparada. Ademais da relación de operadores con certificado de dereito de uso da marca, onde podes realizar contactos para o fornezo do noso produto.

Tamén aproveito esta oportunidade para recordar as 10 prantas envasadoras e produtores inscritos nos rexistros de PATACA DE GALICIA, que co seu esforzo e dedicación fan posible que se poida producir e comercializar esta pataca de máxima calidade.

Finalmente, na nosa páxina web tes noticias relacionadas con PATACA DE GALICIA, enlaces de interese, así como unha dirección de correo para poñerte en contacto connosco a través do servizo de consulta.

Esperando haberche facilitado toda a información que desexabas e agradecendo a túa visita.

Recibe un cordial saúdo.


Guillermo Budiño Cajaraville,
Presidente do Consello Regulador da I.X.P. Pataca de Galicia.

Galego